lg_peke
Encatoume Brooklyn Follies. Agora ando con O desfalco de Katáiev para protexta. Non me entusiasma. Veremos como fago a crítica.
| Vou empezar Brooklyn Follies. Espero que me guste, se non... ;) |
|
| Acabo de atoparme unha morea de mensaxes de que non entendo para nada. Estades tolos ou que? ;) |
|
| Eu ando con Canícula de Mariña Pérez Rei, premio Lueiro Rei do ano pasado. Un libro raro. Amólame non coincidirmos nas lecturas. |
|
| Alguén leu Benquerida catástrofe? De se así que lle pareceu? A min non me gustou. Incluso me cabreou. Opinións, plis. |
|
| Acabei Palabras contadas. Non me gustou demasiado. |
|
| Ben, xa está o microconto extra. Non é tan doado, carafio. |
|
| "Agardou a súa quenda expectante, pero non contou con que perdería o tempero antes de disparar. Pagou polo erro sen decatarse, case sen dor" ... |
|
| Dúas cousas: é a 1ª vez que gaño un concurso. E non son profesional da literatura, só afeccionada. Que conste. |
|
| Estou con Palabras contadas de Camilo Franco. Non lle vexo moito xeito. |
|
| "Chego tarde á cita, seino, pero non podía deixar sen atar a mamá. Espero que o can non roia as cordas e a ceibe. Non sobreviviría." |
|
| O club vai dun grupo de mulleres que se reúnen para calcetar e charlan das súas vidas. Tipos humanos distintos que se axudan entre elas. |
|
| Sinto o triple comentario, pero como non me saía... |
|
| Estupendo O club da calceta. |
|
| Xa rematei O club da calceta. Estupendo! |
|
| O club da calceta é estupendo. Xa o rematei e desde logo había ben tempo que non lía un libro en galego que me deixase tan satisfeita. |
|
| Estou co club da calceta de Reimóndez. Onte deiteime ás tres lendo nel. Hoxe almorcei lendo nel. Estame encantando. |
|
